Hoxe recibimos a visita de Nico, o apicultor que ven ofrecernos "Abellas na escola". Con el aprendemos como viven as abellas e como traballan. Tamén puidemos gozar dos produtos que fabrican estes bichiños: o mel, o pole e a cera, coa que fixemos candeas. Tedes aquí unha mostra do que pasou.
A NOSA INSPIRACIÓN:
"Canta, deusa, a cólera do pélida Aquiles..."
"Has de cantar, meniña gaiteira..."
A través deste blog queremos amosar o que aprendemos sobre a terra que pisamos con maiúsculas (vista desde lonxe, a Terra) e con minúsculas (vista moi de perto, cos seus bichiños e floriñas), a través dos cinco sentidos, saboreando alimentos ou escoitando música, aprendendo oficios ou practicando deportes, pero sempre, sempre, "Cos pés na terra" ...
luns, 30 de setembro de 2024
martes, 24 de setembro de 2024
Primeira visita: "Abellas na escola" ou "Escola de abellas"
O xoves 26 e o venres 27 desnvolveremos a actividade "Abellas na escola", que nos achegará ao misterioso mundo destes pequenos animaliños tan valiosos para a nosa supervivencia. Poderiamos vivir sen abellas na nosa terra? Para que as necesitamos?
Premendo na imaxe, terás máis información.
BOTAMOS A ANDAR... COS PÉS NA TERRA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ferramentas
Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?
-
Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?
-
"Gandería Pastora" é unha granxa moi coñecida en Muxía. Está na aldea de Castelo , algo apartada do cole, e por iso tivemos que i...
-
Esta muller que vedes aquí chamábase Eva Castiñeira. Vivía en Agranzón, unha aldea moi perto de aquí, coa súa familia. Sempre lle gustou ...

