A NOSA INSPIRACIÓN:

"Canta, deusa, a cólera do pélida Aquiles..." "Has de cantar, meniña gaiteira..." A través deste blog queremos amosar o que aprendemos sobre a terra que pisamos con maiúsculas (vista desde lonxe, a Terra) e con minúsculas (vista moi de perto, cos seus bichiños e floriñas), a través dos cinco sentidos, saboreando alimentos ou escoitando música, aprendendo oficios ou practicando deportes, pero sempre, sempre, "Cos pés na terra" ...

martes, 24 de setembro de 2024

BOTAMOS A ANDAR... COS PÉS NA TERRA

Xa comezamos o curso e repartimos as nosas parcelas. E quedaron así de xeitosas:

Veremos se este curso as condicións son favorables e chegamos a unha primavera na que poidamos disfrutar dunha boa colleita...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As ferramentas

 Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?