A NOSA INSPIRACIÓN:

"Canta, deusa, a cólera do pélida Aquiles..." "Has de cantar, meniña gaiteira..." A través deste blog queremos amosar o que aprendemos sobre a terra que pisamos con maiúsculas (vista desde lonxe, a Terra) e con minúsculas (vista moi de perto, cos seus bichiños e floriñas), a través dos cinco sentidos, saboreando alimentos ou escoitando música, aprendendo oficios ou practicando deportes, pero sempre, sempre, "Cos pés na terra" ...

martes, 18 de febreiro de 2025

AMABUL E AS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

Esta semana visítanos Rubén para explicarnos o que son as especies exóticas invasoras e como afectan aos nosos bosques e prados, ás beiras dos nosos ríos Moitas veces, sen querer, favorecemos a extensión destas plantas que tan ben se adaptan ao noso clima e deixamos sen espazo ás especies autóctonas, que foron as que fixeron que a nosa paisaxe sexa como é. Para recoñecelas ben deixaron unha colección de paneis exposta no patio cuberto e puidemos practicar compoñendo un crebacabezas de cada especie. 
Ademais, Rubén agasallounos co libro que el escribiu e que xa temos na nosa biblioteca. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As ferramentas

 Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?