A NOSA INSPIRACIÓN:

"Canta, deusa, a cólera do pélida Aquiles..." "Has de cantar, meniña gaiteira..." A través deste blog queremos amosar o que aprendemos sobre a terra que pisamos con maiúsculas (vista desde lonxe, a Terra) e con minúsculas (vista moi de perto, cos seus bichiños e floriñas), a través dos cinco sentidos, saboreando alimentos ou escoitando música, aprendendo oficios ou practicando deportes, pero sempre, sempre, "Cos pés na terra" ...

sábado, 15 de marzo de 2025

VISITA Á PASTORA

 "Gandería Pastora" é unha granxa moi coñecida en Muxía. Está na aldea de Castelo, algo apartada do cole, e por iso tivemos que ir en autobús. Os donos son os pais dunhas compañeiras e convidáronnos a visitala para que puidésemos gozar do contacto coas vacas e os cuxos mentres aprendíamos sobre os seus coidados e de como funciona unha granxa completamente robotizada. Acompáñanos!


As ferramentas

 Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?