Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?
A NOSA INSPIRACIÓN:
venres, 16 de maio de 2025
martes, 18 de febreiro de 2025
AMABUL E AS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS
mércores, 15 de xaneiro de 2025
EVA CASTIÑEIRA, COS PÉS NA TERRA
Esta muller que vedes aquí chamábase Eva Castiñeira. Vivía en Agranzón, unha aldea moi perto de aquí, coa súa familia. Sempre lle gustou tocar a pandeireta e cantaba moi ben, así que cando había festa tocaba con dúas veciñas mais e a súa propia irmá, Engracia, mentres a xente bailaba.
Co tempo, Eva emigrou para traballar na Coruña. Vivía nun pequeno lugar chamado San Pedro de Visma, que agora cadra perto do Estadio de Riazor.
A transmisión oral das cantigas tradicionais tamén forma parte da nosa vida na terra: falan do traballo diario, da relación entre os veciños, do compañeirismo e da amizade.
Para achegarnos a ela, imos escoitar unha peza gravada hai xa moitos anos.
luns, 30 de setembro de 2024
"ABELLAS NA ESCOLA" cos pequenos
Hoxe recibimos a visita de Nico, o apicultor que ven ofrecernos "Abellas na escola". Con el aprendemos como viven as abellas e como traballan. Tamén puidemos gozar dos produtos que fabrican estes bichiños: o mel, o pole e a cera, coa que fixemos candeas. Tedes aquí unha mostra do que pasou.
martes, 24 de setembro de 2024
Primeira visita: "Abellas na escola" ou "Escola de abellas"
O xoves 26 e o venres 27 desnvolveremos a actividade "Abellas na escola", que nos achegará ao misterioso mundo destes pequenos animaliños tan valiosos para a nosa supervivencia. Poderiamos vivir sen abellas na nosa terra? Para que as necesitamos?
Premendo na imaxe, terás máis información.
BOTAMOS A ANDAR... COS PÉS NA TERRA
As ferramentas
Para traballar cos pés na terra non abonda coas mans. Precisamos ferramentas. Coñeces ben os seus nomes?
-
Hoxe recibimos a visita de Nico, o apicultor que ven ofrecernos "Abellas na escola". Con el aprendemos como viven as abellas e co...
-
O xoves 26 e o venres 27 desnvolveremos a actividade " Abellas na escola" , que nos achegará ao misterioso mundo destes pequenos ...
-
Xa comezamos o curso e repartimos as nosas parcelas. E quedaron así de xeitosas: Veremos se este curso as condicións son favorables e chegam...